Dende o IES ESPIÑEIRA queren dar a benvida ao alumnado de sexto que, o vindeiro curso, será alumnado do seu centro, polo que nos fan chegar esta carta de benvida coa información básica acerca do IES e ligazóns de interese para que o vaiades coñecendo. Moitas grazas ao Departamento de Orientación de Espiñeira e a todo o equipo de profesoras e profesores.
Se non ledes ben a imáxe, podedes descargar o texto neste enlace: VISITA IES ALUMNADO ESCARABOTE
O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema. Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto.
Dende os tres institutos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación aos IES non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero comunican que buscarán unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso.
Namentres, déixovos os enlaces coas páxinas dos diferentes institutos da localidade, onde atoparedes toda a información acerca dos horarios, oferta educativa, instalacións, prazos e documentos de matriculación, etc.
Para o alumnado que vaia ao IES PLURILINGÜE A CACHADA, aquí tedes a súa páxina web:
Tamén podedes acceder ao Blog Oriéntate, do Departamento de Orientación, onde atoparedes consellos, enlaces e recursos, así coma o mail de contacto coa orientadora do centro sabelamalva@gmail.com
Para calqueira dúbida podedes contactar co seu orientador neste correo: antoncastro@edu.xunta.es
Ademais, dende este instituto, comparten varios vídeos que vos poden ser de utilidade para ir coñecendo un pouco as instalacións, o funcionamento e o profesorado:
Neste vídeo podedes facer unha visita virtual ao centro, e coñecer o funcionamento, oferta educativa, proxectos, instalacións, a vida no centro, actividades complementarias e extraescolares, etc.
Se vos queda algunha dúbida ou precisades orientación ou apoio lembrade que podedes contactar comigo no meu correo lauraguitian@edu.xunta.es ou a través do teléfono do Departamento de Orientación (623108691).
A nosa compañeira Yasmina, mestra do proxecto REFORZA-T no CEIP Santa María do Castro, elaborou un documento con moitísimas páxinas e aplicacións para repasar contidos e aprender xogando dende a casa. Neste documento aparecen os enlaces, clasificados por áreas de aprendizaxe, así coma unha pequena explicación dos contidos e as idades ou cursos ás que están enfocadas.
Comparto esta preciosa actividade elaborada polo alumnado de 1º de Primaria do CEIP SANTA MARÍA DO CASTRO, coa axuda das súas familias e a guía da súa mestra Belén Fernández.
Cada neno e nena elaborou na súa casa un IKEBANA INFANTIL (arte de composición floral xaponés) no que, a través da creación estética, exprésanse emocións e sentimentos.
O traballo, titulado CAMIÑANDO CARA Á PRIMAVERA, representa tres corpos: o ceo, o humano e a terra, a través dos cales expresa o renacer da natureza e a volta á vida despois do inverno, coma metáfora da saída do confinamento, a esperanza e a alegría.
No proxecto MIRARTIT de Educación Plástica, creada por Borja González Rozalén, podedes atopar ideas, recursos, vídeos e explicacións e propostas de actividades para traballar a arte na educación primaria, acercándonos a diversas culturas e diferentes períodos artísticos.
Este mércores 6 de maio, ás 21:00 (hora Española) o ministro de educación de Arxentina Nicolás Trotta dialoga en directo co pedagogo Francesco Tonucci acerca da educación e a escola en tempos de pandemia. Podedes seguir a conversa no seu canal de youtube. YouTube/NicolastrottaArgentina.
O Equipo de Orientación Específico da Coruña compártenos unha serie de enlaces para traballar o ámbito emocional durante estes días de confinamento, tanto a nivel xeral coma outros máis concretos para persoas con necesidades específicas coma Autismo, Síndrome de Asperger ou TDAH. Aínda que algúns deles xa están publicados en entradas anteriores, considero que a selección é moi completa e interesante.
Enlaces de interese xeral para o coidado do Benestar Emocional: