jueves, 28 de mayo de 2020

O INICIO DO NOVO CURSO 2020-2021:SEMINARIO CON FRANCESCO TONUCCI E MAR ROMERA

Unha nova ocasión para escoitar a Francesco Tonucci e Mar Romera, esta vez reflexionando acerca do inicio do vindeiro curso e a volta ás escolas, nesta nova formación de Integratek, "sen receitas elaboradas que leven a decisións homoxeneizadas, con sentido común, nunha aposta pola infancia e pola defensa da saúde.
O seminario, de 15 horas, titulado O INICIO DO NOVO CURSO 2020-2021. O RETO DE COMO FACELO, terá lugar o 30 de maio e o 6 de xuño, de 10:00 a 12:30.

Aquí tedes a ligazón:



domingo, 17 de mayo de 2020

CURSO EMOCIÓNS NO AUTISMO (Anabel Cornago)

Anabel Cornago é xa un referente en Trastornos do Espectro do Autismo. Licenciada en Ciencias da Información e nai dun neno con Autismo, formouse en Atención Temperá e participa en congresos, cursos, elaboración de materiais específicos, etc. Ten publicado varios libros acerca do tema, ademáis de difundir información no seu canal de youtube (https://www.youtube.com/c/AnabelCornago) e no seu Blog EL SONIDO DE LA HIERBA AL CRECER (https://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com/), na miña opinión unha das mellores páxinas acerca do Autismo, cunha visión do tema e unha sensibilidade excepcional, que aporta moitísimos recursos, materiais, actividades e reflexións de utilidade para comprender ás persoas no espectro.

Nesta ocasión comparto o enlace para un curso acerca das Emocións no Autismo, enfocado a familias, docentes e persoas interesadas no tema. Podedes formalizar a inscripción na seguinte ligazón:


jueves, 14 de mayo de 2020

"ASÍ TE RECORDARÉ". CONTO PARA AXUDAR ÁS CRIANZAS A SENTIRSE CERCA DOS AVÓS E AVOAS NA DISTANCIA

O gabinete de Psicoloxía de Ribeira ESPAZO ABERTO está a elaborar unha serie de contos de axuda para nenos e nenas en situación de confinamento, saídas controladas...

Déixovos hoxe o conto "ASÍ TE RECORDARÉ", elaborado por María Martínez Cortizo coas recomendacións de Elena Piñeiro, que pode axudar aos pequenos e pequenas a sentirse cercanos e conectar cos seus avós e avoas nesta situación na que non teñen contacto, así como tratar situacións de duelo.



miércoles, 13 de mayo de 2020

MÓVETE NA CASA (Educación Física para Primaria)

Para evitar o sedentarismo e promover a actividade física e a relaxación, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de especialistas en Educación Física, ofrece esta programación semanal de actividades, en sesións de 15 minutos, dirixidas ao alumnado de Educación primaria.

Aquí tedes algúns exemplos:




CONGRESO GRATUÍTO EDUCACIÓN VIVA

A Asociación CAIEV organiza un Congreso Virtual gratuíto de Educación Viva, entre os días 25 e 29 de maio de 2020, para docentes e tamén para familias interesadas no tema.
Podedes consultar a información e formalizar a inscripción no seguinte enlace:



CARTA DO IES ESPIÑEIRA AO ALUMNADO DE 6º

Dende o IES ESPIÑEIRA queren dar a benvida ao alumnado de sexto que, o vindeiro curso, será alumnado do seu centro, polo que nos fan chegar esta carta de benvida coa información básica acerca do IES e ligazóns de interese para que o vaiades coñecendo. Moitas grazas ao Departamento de Orientación de Espiñeira e a todo o equipo de profesoras e profesores.
Se non ledes ben a imáxe, podedes descargar o texto neste enlace: VISITA IES ALUMNADO ESCARABOTE




martes, 12 de mayo de 2020

INFORMACIÓN ACERCA DOS IES

O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema.  Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto.

Dende os tres institutos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación  aos IES non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero comunican que buscarán unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso.

Namentres, déixovos os enlaces coas páxinas dos diferentes institutos da localidade, onde atoparedes toda a información acerca dos  horarios, oferta educativa, instalacións,  prazos e documentos de matriculación, etc.

Para o alumnado que vaia ao IES PLURILINGÜE A CACHADA, aquí tedes a súa páxina web: 



TLFN: 881866717
e-mail: ies.acachada@edu.xunta.es

Tamén podedes acceder ao Blog Oriéntate, do Departamento de Orientación, onde atoparedes consellos, enlaces e recursos, así coma o mail de contacto coa orientadora do centro sabelamalva@gmail.com


O alumnado que vaia ir ao IES PRAIA DE BARRAÑA, pode acceder á sua web dende este enlace:


TLFN: 881866601
e-mail: ies.praia.barrana@edu.xunta.es

O Departamento de Orientación tamén comparte o seu correo electrónico para que poidades resolver calqueira dúbida que teñades: masr@edu.xunta.gal

Para aquelas e aqueles que vaiades ir ao IES ESPIÑEIRA, aquí tedes o acceso á web:


TLFN: 881866630
e-mail: ies.espineira@edu.xunta.es

Para calqueira dúbida podedes contactar co seu orientador neste correo: antoncastro@edu.xunta.es

Ademais, dende este instituto, comparten varios vídeos que vos poden ser de utilidade para ir coñecendo un pouco as instalacións, o funcionamento e o profesorado:

  • Neste vídeo podedes facer unha visita virtual ao centro, e coñecer o funcionamento, oferta educativa, proxectos, instalacións, a vida no centro, actividades complementarias e extraescolares, etc.


  • Se queredes coñecer, tamén, ao profesorado, aquí tedes o seu vídeo "ESPIÑEIRA QUEDA NA CASA! E TÍ?


Se vos queda algunha dúbida ou precisades orientación ou apoio lembrade que podedes contactar comigo no meu correo lauraguitian@edu.xunta.es ou a través do teléfono do Departamento de Orientación (623108691).

sábado, 9 de mayo de 2020

PÁXINAS WEB E APLICACIÓNS PARA REPASAR E XOGAR DENDE A CASA



A nosa compañeira Yasmina, mestra do proxecto REFORZA-T no CEIP Santa María do Castro, elaborou un documento con moitísimas páxinas e aplicacións para repasar contidos e aprender xogando dende a casa. Neste documento aparecen os enlaces, clasificados por áreas de aprendizaxe, así coma unha pequena explicación dos contidos e as idades ou cursos ás que están enfocadas.




jueves, 7 de mayo de 2020

EXPRESIÓN CREATIVA DE EMOCIÓNS (Alumnado de 1º CEIP Sta. Mª do Castro)

Comparto esta preciosa actividade elaborada polo alumnado de 1º de Primaria do CEIP SANTA MARÍA DO CASTRO, coa axuda das súas familias e a guía da súa mestra Belén Fernández.

Cada neno e nena elaborou na súa casa un IKEBANA INFANTIL (arte de composición floral xaponés) no que, a través da creación estética, exprésanse emocións e sentimentos.

O traballo, titulado CAMIÑANDO CARA Á PRIMAVERA, representa tres corpos: o ceo, o humano e a terra, a través dos cales expresa o renacer da natureza e a volta á vida despois do inverno, coma metáfora da saída do confinamento, a esperanza e a alegría.





Recursos para traballar a arte

No proxecto MIRARTIT de Educación Plástica, creada por Borja González Rozalén, podedes atopar ideas, recursos, vídeos e explicacións e propostas de actividades para traballar a arte na educación primaria, acercándonos a diversas culturas e diferentes períodos artísticos.

Educación en Pandemia. Francesco Tonucci e Nicolás Trotta

Este mércores 6 de maio, ás 21:00 (hora Española) o ministro de educación de Arxentina Nicolás Trotta dialoga en directo co pedagogo Francesco Tonucci acerca da educación e a escola en tempos de pandemia. Podedes seguir a conversa no seu canal de youtube. YouTube/NicolastrottaArgentina.


viernes, 1 de mayo de 2020

COIDADO EMOCIONAL NO CONFINAMENTO

Equipo de Orientación Específico da Coruña  compártenos unha serie de enlaces para traballar o ámbito emocional durante estes días de confinamento, tanto a nivel xeral coma outros máis concretos para persoas con necesidades específicas coma Autismo, Síndrome de Asperger ou TDAH. Aínda que algúns deles xa están publicados en entradas anteriores, considero que a selección é moi completa e interesante.


Enlaces de interese xeral para o coidado do Benestar Emocional:

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...