martes, 31 de marzo de 2020

MANUAL SOBRE DISCIPLINA POSITIVA

Nestes días de incertidumbre, medo, aburrimento e tanta convivencia familiar, no que tanto crianzas coma maiores temos unha carga importante de ansiedade e estrés,  poden surxir conflitos, berrinches, enfados... Por se o precisades, comparto este Manual Sobre Disciplina Positiva, que pode axudar a enfocar este tipo de situacións dende a calma e o cariño.

Este Manual es una traducción y adaptación del “Positive Discipline: What it is and how to do it” de la autora Joan E. Durrant de Save the Children, elaborado dentro del Proyecto: Campaña por una Crianza Sin Violencia de la Asociación Chilena Pro Naciones Unidas, ACHNU. Adaptación y Traducción: Demian Larenas Liz Fuentes Margareta Selander Edición: María Eugenia de la Jara 


MANUAL DE ESTIMULACIÓN MONTESSORI

Se vos apetece realizar cos vosos pequenos e pequenas outro tipo de actividades educativas diferentes ás fichas, neste libro descargable en formato PDF, podedes atopar un acercamento ao método Montessori e un montón de exemplos de actividades, para tódalas áreas do desenvolvemento na etapa de Educación Infantil.



Elaborado no Programa de Recreación y Colonias Urbanas pola Área de Animación Solidaria Vicarías de Pastoral Social y de los Trabajadores Vicarías Zonales Arzobispado de Santiago, en Chile.

Peticións das AMPAS á Consellería

A Confederacións de AMPAS Galegas redactou un escrito con peticións á Consellería de Educación en relación á situación educativa durante estes días e no futuro. Nela expresan as súas dúbidas acerca do traballo en liña, pola situación de desigualdade que poden xerar, aludindo especialmente ao alumnado con necesidades específicas e á función do persoal do Departamento de Orientación. Tamén valoran o enfoque que se lle está dando á avaliación, e expresan peticións acerca do final de curso e o inicio do vindeiro. Interesante lectura para as familias e o persoal docente.

XOGAR A PENSAR A TRAVÉS DA ARTE

Un pouco de "Ximnasia Mental" para estes días de Confinamento.
Seguindo na liña da Filosofía para Nenas e Nenos, deixo un enlace con algunhas actividades para Xogar a Pensar, esta vez a través da observación de obras de arte, elaboradas por Javier F. Rouco Ferreiro, Mar Santiago Arca, Cristina Signes e Sacramento López.
De novo grazas á miña compañeira e amiga Xoana Maneiro.


DIARIO DE UNA CUARENTENA

Chegoume este material para que os pequenos e pequenas expresen as súas percepcións e sentimentos acerca da situación destes días. Sinto non ter referencia da súa autoría.





lunes, 30 de marzo de 2020

PAUTAS PARA OS DÍAS DE CONFINAMENTO

Dende o Departamento de Orientación elaboramos un documento con algúns consellos para levar estes días de confinamento cos pequenos e pequenas, organizar os horarios, tarefas escolares e, sobre todo, manter a saúde física e psicolóxica.
Grazas á mestra Belén Fernández polas súas aportacións!

Filosofía para crianzas: "¿Pueden Volar los Peces?"

Dentro da Filosofía para Nenos do Proxecto Noria Infantil, atopamos este libro en pdf de Angélica Sátiro con ilustracións de Edgar Domínguez (Ed. Octaedro).

A partir dun conto os pequenos e pequenas desenvolven a capacidade de pensamento, reflexión, capacidade crítica e actitudes de convivencia e respecto.  Tamén recolle algunhas ideas para que o profesorado ou as familias axuden neste proceso.

Grazas á miña compañeira Xoana Maneiro por amosarme este mundo da Filosofía para Nenos e Nenas!



Diviértete en Casa

Outro material interesante, elaborado por Enea Psicoloxía Infantil y Adolescente que ofrece ideas e actividades creativas, de inxenio, movemento, lectura...



"Tempo na Casa". Ideas e recursos para persoas con TEA


Autismo Galicia comparte un material específico para axudar ás persoas con TEA a comprender e xestionar este tempo na casa. Neste enlace atoparedes o documento, que ofrece recomendacións, recursos, materiais e ferramentas adaptados ás necesidades destas persoas.



https://view.genial.ly/5e787d9c6d276f0db77aaa48/presentation-teaconsellos-tempo-na-casa-e-as-persoas-con-autismo

Estimulación da linguaxe dende a casa

Na páxina de Educapeques compártennos unha serie de ideas interesantes para traballar a linguaxe oral na casa. 


Saídas terapéuticas para persoas con alteracións conductuais ou TEA


Aquelas persoas con discapacidade que teñan alteracións conductuais, como por exemplo TEA, poderán facer saídas terapéuticas durante o estado de alarma cando sexa absolutamente imprescindible. É necesario ter un informe facultativo que así o recomende.



domingo, 29 de marzo de 2020

sábado, 28 de marzo de 2020

Bibliotecas na Casa


Agora que temos tempo para ler, a Rede de Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia pon en marcha a Plataforma GaliciaLe, un servizo de préstamo de libros, audiolibros e películas en formato electrónico para que poidamos desfrutar da lectura dende as nosa casas.

www.galiciale.gal

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...