Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2020

RECURSOS PARA FOMENTAR A LECTURA: DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro, quero compartir uns cantos recursos que poden servir para continuar inculcando o hábito de ler nos nosos pequenos e pequenas.

En primeiro lugar, algunhas pautas para fomentar a lectura dende as casas:




Nestes días na casa non é tan sinxelo atopar libros novos e interesantes para escoller. Aquí deixo algún enlace máis onde podedes descargar libros para as crianzas.



Unha extensa biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil de diferentes culturas. Ten libros clasificados por idades de diferentes temáticas, culturas diversas e en moitos idiomas.  Tamén existen moitos en formato audio e en lingua de signos. Os libros pódense abrir directamente online sen necesidade de descargalos.




Contos, novelas, poesía, teatro, artigos, etc. de autores españois e hispanoamericanos. Tamén conta con audiolibros e libros signados.





A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia permite acceder ao seu catálogo co noso carné de usuario de calquera das bibliotecas ou, se non o temos, dándonos de alta na páxina web. 



Selección de contos clasificados por temáticas, tanto en texto coma en audio e en castelán e inglés. Moitos deles achegan actividades para traballar sobre a lectura.


Para motivar o pracer pola lectura nada mellor que contarlles contos. Na rede tamén hai moitos Conta-contos:




A Editorial Kalandraka ten un apartado de televisión, onde atoparedes moitos dos seus contos contados por actores e actrices, mestr@s, escritor@s..., así como vídeos musicais, cancións, reportaxes, etc. 




OQO Filmes, unha sección desta editorial con series de animación e películas destinadas ao público infantil, baseadas nos seus famosos contos. 

Dentro destes atopamos "OS CONTOS DO CAMIÑO", unha serie de 32 capítulos baseados en contos desta editora. 



A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO pon en marcha esta iniciativa na que irán compartindo contos en vídeo. Na primeira entrega a actriz Marta Ríos nos conta "Chímpate, Pepa" de Paula Carballeira.


Contos e historias, de Gravata Torla, que atoparedes en Youtube e Facebook.


A través de Facebook, esta mestra e conta-contos comparte en directo un conto diario.


Beatriz Montero, a través da súa canle de Youtube tamén nos conta un montón de historias. 


Agardo que pasedes un bo ratiño con estes recursos. BO DÍA DO LIBRO!!!


jueves, 9 de abril de 2020

O ABURRIMENTO E A CREATIVIDADE

Levamos xa un mes na casa e, por moitas actividades, traballos e propostas que fagamos ás nosas crianzas, non podemos evitar que chegue o aburrimento. Neses momentos recorrerán a nós para entreterse, xogar... Está ben darlles recursos e proporcionarlles opcións de xogo e actividades, pero non é necesario sobrecargalos, e moito menos sobrecargarnos nós. Non pasa nada por que nenos e nenas se aburran en algúns momentos. Se lle solucionamos sempre esta situación serán cada vez máis dependentes e menos autónomos.

O aburrimento e o tempo sen actividades permite a nenos e nenas poñer en marcha a súa creatividade e imaxinación. Se lles dades tempo veredes que o seu xogo se volve máis rico, simbólico e imaxinativo, as súas actividades máis variadas e creativas e a xestión de emocións e conflitos máis autónoma e madura.

É bo momento para reflexionar acerca da sobrecarga de actividades á que, na rutina diaria, sometemos aos nosos fillos e fillas e pensar se ese é realmente o ritmo da infancia ou, pola contra, estámoslles inculcando o noso propio estres e "medo ao baleiro" que, no futuro, lles levará á ansiedade e, dependencia e insatisfacción.

Déixovos o enlace a un artigo de El Pais acerca deste tema.

martes, 7 de abril de 2020

LIBRO GRATUITO E ACTIVIDADES: AMAR EN CUARENTENA

Dende Palabras Aladas S.L. agasallannos este libro en PDF así coma unha ampla proposta de actividades para traballar con crianzas de entre 3 e 12 anos, fichas e ideas para explorar as emocións e fomentar a empatía mentres reforzamos a lectura, escritura, razoamento, educación artística...



viernes, 3 de abril de 2020

BIBLIOTERAPIA: LECTURAS SAUDABLES

Nestes días, máis que nunca, é fundamental manter hábitos saudables, facer exercicio físico, comer de forma equilibrada e, como non, coidar tamén da nosa mente.

Para fomentar a BIBLIOTERAPIA, é dicir, o uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento que pode axudar a evitar problemas emocionais e promover a saúde mental, nace este proxecto, promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais, sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e financiado por Lundbeck.

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...