jueves, 9 de abril de 2020

O ABURRIMENTO E A CREATIVIDADE

Levamos xa un mes na casa e, por moitas actividades, traballos e propostas que fagamos ás nosas crianzas, non podemos evitar que chegue o aburrimento. Neses momentos recorrerán a nós para entreterse, xogar... Está ben darlles recursos e proporcionarlles opcións de xogo e actividades, pero non é necesario sobrecargalos, e moito menos sobrecargarnos nós. Non pasa nada por que nenos e nenas se aburran en algúns momentos. Se lle solucionamos sempre esta situación serán cada vez máis dependentes e menos autónomos.

O aburrimento e o tempo sen actividades permite a nenos e nenas poñer en marcha a súa creatividade e imaxinación. Se lles dades tempo veredes que o seu xogo se volve máis rico, simbólico e imaxinativo, as súas actividades máis variadas e creativas e a xestión de emocións e conflitos máis autónoma e madura.

É bo momento para reflexionar acerca da sobrecarga de actividades á que, na rutina diaria, sometemos aos nosos fillos e fillas e pensar se ese é realmente o ritmo da infancia ou, pola contra, estámoslles inculcando o noso propio estres e "medo ao baleiro" que, no futuro, lles levará á ansiedade e, dependencia e insatisfacción.

Déixovos o enlace a un artigo de El Pais acerca deste tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...