martes, 31 de marzo de 2020

Peticións das AMPAS á Consellería

A Confederacións de AMPAS Galegas redactou un escrito con peticións á Consellería de Educación en relación á situación educativa durante estes días e no futuro. Nela expresan as súas dúbidas acerca do traballo en liña, pola situación de desigualdade que poden xerar, aludindo especialmente ao alumnado con necesidades específicas e á función do persoal do Departamento de Orientación. Tamén valoran o enfoque que se lle está dando á avaliación, e expresan peticións acerca do final de curso e o inicio do vindeiro. Interesante lectura para as familias e o persoal docente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...