jueves, 23 de abril de 2020

RECURSOS PARA FOMENTAR A LECTURA: DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro, quero compartir uns cantos recursos que poden servir para continuar inculcando o hábito de ler nos nosos pequenos e pequenas.

En primeiro lugar, algunhas pautas para fomentar a lectura dende as casas:




Nestes días na casa non é tan sinxelo atopar libros novos e interesantes para escoller. Aquí deixo algún enlace máis onde podedes descargar libros para as crianzas.



Unha extensa biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil de diferentes culturas. Ten libros clasificados por idades de diferentes temáticas, culturas diversas e en moitos idiomas.  Tamén existen moitos en formato audio e en lingua de signos. Os libros pódense abrir directamente online sen necesidade de descargalos.




Contos, novelas, poesía, teatro, artigos, etc. de autores españois e hispanoamericanos. Tamén conta con audiolibros e libros signados.





A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia permite acceder ao seu catálogo co noso carné de usuario de calquera das bibliotecas ou, se non o temos, dándonos de alta na páxina web. 



Selección de contos clasificados por temáticas, tanto en texto coma en audio e en castelán e inglés. Moitos deles achegan actividades para traballar sobre a lectura.


Para motivar o pracer pola lectura nada mellor que contarlles contos. Na rede tamén hai moitos Conta-contos:




A Editorial Kalandraka ten un apartado de televisión, onde atoparedes moitos dos seus contos contados por actores e actrices, mestr@s, escritor@s..., así como vídeos musicais, cancións, reportaxes, etc. 




OQO Filmes, unha sección desta editorial con series de animación e películas destinadas ao público infantil, baseadas nos seus famosos contos. 

Dentro destes atopamos "OS CONTOS DO CAMIÑO", unha serie de 32 capítulos baseados en contos desta editora. 



A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO pon en marcha esta iniciativa na que irán compartindo contos en vídeo. Na primeira entrega a actriz Marta Ríos nos conta "Chímpate, Pepa" de Paula Carballeira.


Contos e historias, de Gravata Torla, que atoparedes en Youtube e Facebook.


A través de Facebook, esta mestra e conta-contos comparte en directo un conto diario.


Beatriz Montero, a través da súa canle de Youtube tamén nos conta un montón de historias. 


Agardo que pasedes un bo ratiño con estes recursos. BO DÍA DO LIBRO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario