martes, 28 de abril de 2020

CURSOS DE PEDAGOXÍA MONTESSORI

Montessori en casa ofrece o curso en liña gratuíto FILOSOFÍA MONTESSORI PARA FAMILIAS, destinado a aquelas familias que desexen coñecer o método Montessori para aplicalo cos seus fillos e fillas dende a casa. 


Se queredes profundizar algo máis podedes asistir, de forma gratuíta ao CONGRESO EN LIÑA MONTESSORI 2020, para familias e docentes, que terá lugar entre o 6 e o 8 de maio.



RECOMENDACIÓNS PSICOLÓXICAS PARA PERSOAS ADULTAS E PARA NENOS E NENAS

A situación de confinamento non remata e podemos comezar a sentir desesperanza, ansiedade, tristeza... O equipo de psicólogos de Área Humana ofrecen algunhas recomendacións:



Da mesma forma que as persoas adultas, as crianzas poden presentar inseguridades e dificultades emocionais con respecto a estas situacións e, concretamente, ante a nova situación das saídas controladas. Estas son as  recomendacións psicolóxicas do mesmo equipo de profesionais para afrontar os paseos dos nenos e nenas:



Na súa páxina atoparedes moitas máis recomendacións para afrontar esta situación en familia, con adolescentes, persoas máis vulnerables, situacións de duelo, etc.

Outros recursos

Por se se nos van acabando as ideas, deixo unha nova seleción de recursos para traballar e entreterse durante estes días:

70 ideas, por parte de Estación Bambalina:

Compilación de xogos e dinámicas do Ministerio de Educación de Chile:





Ideas sensoriales e outros recursos, de Entre Nubes Especiales:






viernes, 24 de abril de 2020

Seminario en liña con Francesco Tonucci

Este sábado 25 de abril, a través de INTEGRATEK, temos a oportunidade de asistir ao seminario en liña "POR UNA BUENA ESCUELA EN TIEMPO DE CORONAVIRUS"con FRANCESCO TONUCCI. Non deixedes escapar esta oportunidade de escoitar as opinións e consellos para estes días deste pensador, pedagogo e activista pola renovación pedagóxica e social en favor dos dereitos das nenas e os nenos.

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: CEIP SANTA MARÍA DO CASTRO


O profesorado do CEIP Santa María do Castro non quere deixar de celebrar o Día do Libro. Neste vídeo, dende as súas casas, animan ao alumnado a gozar da lectura, especialmente nesta situación de confinamento.

RECURSOS PARA FOMENTAR A LECTURA: DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro, quero compartir uns cantos recursos que poden servir para continuar inculcando o hábito de ler nos nosos pequenos e pequenas.

En primeiro lugar, algunhas pautas para fomentar a lectura dende as casas:




Nestes días na casa non é tan sinxelo atopar libros novos e interesantes para escoller. Aquí deixo algún enlace máis onde podedes descargar libros para as crianzas.



Unha extensa biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil de diferentes culturas. Ten libros clasificados por idades de diferentes temáticas, culturas diversas e en moitos idiomas.  Tamén existen moitos en formato audio e en lingua de signos. Os libros pódense abrir directamente online sen necesidade de descargalos.




Contos, novelas, poesía, teatro, artigos, etc. de autores españois e hispanoamericanos. Tamén conta con audiolibros e libros signados.





A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia permite acceder ao seu catálogo co noso carné de usuario de calquera das bibliotecas ou, se non o temos, dándonos de alta na páxina web. 



Selección de contos clasificados por temáticas, tanto en texto coma en audio e en castelán e inglés. Moitos deles achegan actividades para traballar sobre a lectura.


Para motivar o pracer pola lectura nada mellor que contarlles contos. Na rede tamén hai moitos Conta-contos:




A Editorial Kalandraka ten un apartado de televisión, onde atoparedes moitos dos seus contos contados por actores e actrices, mestr@s, escritor@s..., así como vídeos musicais, cancións, reportaxes, etc. 




OQO Filmes, unha sección desta editorial con series de animación e películas destinadas ao público infantil, baseadas nos seus famosos contos. 

Dentro destes atopamos "OS CONTOS DO CAMIÑO", unha serie de 32 capítulos baseados en contos desta editora. 



A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO pon en marcha esta iniciativa na que irán compartindo contos en vídeo. Na primeira entrega a actriz Marta Ríos nos conta "Chímpate, Pepa" de Paula Carballeira.


Contos e historias, de Gravata Torla, que atoparedes en Youtube e Facebook.


A través de Facebook, esta mestra e conta-contos comparte en directo un conto diario.


Beatriz Montero, a través da súa canle de Youtube tamén nos conta un montón de historias. 


Agardo que pasedes un bo ratiño con estes recursos. BO DÍA DO LIBRO!!!


miércoles, 22 de abril de 2020

QUE OCURRE NO CEREBRO DAS NENAS E NENOS DURANTE O CONFINAMENTO

Este xoves 23 de abril, ás 18:00 temos a oportunidade de asistir en directo á conferencia online "Que ocurre no cerebro das nenas e nenos durante o confinamento", impartida por Vicenç Arnaiz, psicólogo especializado en Educación Infantil e Atención Temperá, experto nos ámbitos afectivo e familiar e directivo e asesor de diversas revistas educativas. Esta charla está dirixida a familias e profesorado de Educación Infantil.


Podedes acceder á charla a través do seguinte enlace:


martes, 21 de abril de 2020

A CULTURA SEGUE

Na páxina do Portal da Lingua Galega, dentro do programa "ACULTURASEGUE" atoparedes un montón de recursos en galego para traballar, aprender e entreterse, como programas de TV, e radio, libros, música, actividades, concursos e moito máis.


Ademáis, nesta mesma páxina, atoparedes enlaces coas diferentes bibliotecas e museos de Galicia, que polo día do Libro ofrecen moitas actividades e descargas gratuitas de libros.

OBRADOIROS DE NATUREZA PARA O CONFINAMENTO

O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, propón estes obradoiros para nenas e nenos que tratan diferentes contidos de ciencias da natureza e inclúen actividades conceptuais, lectura e escritura, manualidades...

Esta semana comezan coa actividade OS CARACOIS.


Tamén ofrecen unha Visita Virtual á exposición "Outbreak: Epidemias nun mundo conectado" do Smithsonian National Museum of Natural History. Interesante para traballar e reflexionar acerca da situación de pandemia. 

miércoles, 15 de abril de 2020

AULAS GALEGAS: MATERIAIS E RECURSOS EN GALEGO

AULAS GALEGAS é un portal educativo creado por profesores e profesoras para ofrecer unha axuda á sociedade  a través dunha fonte de recursos culturais e didácticos en galego para todos os niveis educativos.

ACTIVIDADES, CONTOS E RECURSOS (DOWN GALICIA)

A Asociación Down Galicia ofrece unha compilación de recursos para nenos e nenas con e sen discapacidade nos que atoparedes un montón de contos, actividades, aplicacións e  recomendacións para traballar durante estes días a estimulación cognitiva (atención, percepción, memoria...), a lectura e escritura, conceptos básicos, etc.


RECOMENDACIÓNS DE PEDIATRAS E PSIQUIATRAS INFANTÍS

Aquí vos deixo as recomendacións da Asociación Española de Pediatría e a Sociedade de Psiquiatría Infantil acerca da situación de pandemia e confinamento. No documento abordan as posibles situacións, sentimentos e emocións que poden experimentar nenos e nenas durante estes días, pautas para afrontalas dende a familia, actividades recomendadas, oportunidades e consellos de saúde acerca das medidas de hixiene e prevención, así como a actuación en caso de infección por coronavirus.



Xuntanza das familias coa Asociación Española de Pediatría

A Asociación Española de Pediatría convoca unha xuntanza dixital coas familias, na que poderedes resolver dúbidas acerca da situación de confinamento e as súas implicacións para a saúde das crianzas, titulada SAÚDE INFANTIL E DO ADOLESCENTE EN TEMPOS DA COVID19: PREGUNTA AO EXPERTO.

Para asistir teredes que entrar no seguinte enlace o 15 de abril ás 18:30.

domingo, 12 de abril de 2020

CONSELLOS DO PEDAGOGO FRANCESCO TONUCCI

O pedagogo italiano e experto en infancia Francesco Tonucci comparte coas familias algunhas propostas e actividades para afrontar o traballo con nenos e nenas na casa a través deste vídeo no que tamén aporta algunhas interesantes reflexións acerca da educación.






A través da entrevista publicada en "El País" reflexiona acerca deste tema, destacando que evidencia a necesidade dunha revisión do sistema educativo.


jueves, 9 de abril de 2020

ANSIEDADE E ESTRES

AUTISMO GALICIA, en colaboración co Servizo Galego de Saúde, ofrécennos pautas específicas para afrontar a ansiedade e o estres, elaboradas para persoas no Espectro do Autismo, aínda que moitas delas poden resultar de utilidade para todo tipo de nenas e nenos.


O ABURRIMENTO E A CREATIVIDADE

Levamos xa un mes na casa e, por moitas actividades, traballos e propostas que fagamos ás nosas crianzas, non podemos evitar que chegue o aburrimento. Neses momentos recorrerán a nós para entreterse, xogar... Está ben darlles recursos e proporcionarlles opcións de xogo e actividades, pero non é necesario sobrecargalos, e moito menos sobrecargarnos nós. Non pasa nada por que nenos e nenas se aburran en algúns momentos. Se lle solucionamos sempre esta situación serán cada vez máis dependentes e menos autónomos.

O aburrimento e o tempo sen actividades permite a nenos e nenas poñer en marcha a súa creatividade e imaxinación. Se lles dades tempo veredes que o seu xogo se volve máis rico, simbólico e imaxinativo, as súas actividades máis variadas e creativas e a xestión de emocións e conflitos máis autónoma e madura.

É bo momento para reflexionar acerca da sobrecarga de actividades á que, na rutina diaria, sometemos aos nosos fillos e fillas e pensar se ese é realmente o ritmo da infancia ou, pola contra, estámoslles inculcando o noso propio estres e "medo ao baleiro" que, no futuro, lles levará á ansiedade e, dependencia e insatisfacción.

Déixovos o enlace a un artigo de El Pais acerca deste tema.

martes, 7 de abril de 2020

LIBRO GRATUITO E ACTIVIDADES: AMAR EN CUARENTENA

Dende Palabras Aladas S.L. agasallannos este libro en PDF así coma unha ampla proposta de actividades para traballar con crianzas de entre 3 e 12 anos, fichas e ideas para explorar as emocións e fomentar a empatía mentres reforzamos a lectura, escritura, razoamento, educación artística...



sábado, 4 de abril de 2020

COIDAR A SAÚDE MENTAL DAS CRIANZAS: ENTREVISTA A ÁLVARO BILBAO

Unicef España realiza unha serie de entrevistas a diferentes profesionais, para intentar axudar ás familias a levar da mellor maneira posible a situación de confinamento.

Neste enlace conversan con Álvaro Bilbao, neuropsicólogo e experto en disciplina positiva,  acerca do coidado da saúde mental das crianzas.

Álvaro Bilbao destaca o sobreesforzo que supón para nenos e nenas e adolescentes esta situación, as posibles formas de expresión dos sentimentos (rabietas, regresións...) e aporta algunhas pautas para axudarlles a xestionar emocións e mellorar a dinámica familiar, comezando por PRIORIZAR O BENESTAR E A TRANQUILIDADE DE TODAS E TODOS por riba das tarefas escolares, limpeza da casa, traballos prescindibles...



INFORMACIÓN E PAUTAS PSICOLÓXICAS

O noso compañeiro Javi, profe de PT do cole Santa María do Castro, compártenos este material, elaborado por un equipo de psicólogas e psicopedagogas, con recomendacións e dinámicas prácticas para afrontar diferentes aspectos deste confinamento.

A guía vai dirixida a diferentes colectivos (persoas vulnerables ao virus, coidadores e coidadoras, persoal sanitario, familias e crianzas, persoas con discapacidade, teletraballadores/a... ) e céntrase en aspectos psicolóxicos coma a xestión dos pensamentos, da  ansiedade, o medo, as relacións interpersoais, etc.




viernes, 3 de abril de 2020

BIBLIOTERAPIA: LECTURAS SAUDABLES

Nestes días, máis que nunca, é fundamental manter hábitos saudables, facer exercicio físico, comer de forma equilibrada e, como non, coidar tamén da nosa mente.

Para fomentar a BIBLIOTERAPIA, é dicir, o uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento que pode axudar a evitar problemas emocionais e promover a saúde mental, nace este proxecto, promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais, sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e financiado por Lundbeck.

MATERIAL DE OCIO GRATUITO

Outra compilación (de GSK) de recursos totalmente gratuitos, para crianzas e maiores. Nesta guía atoparedes enlaces directos a descargas libres e material online acerca dos seguintes apartados:

LECTURAS (libros en pdf e para ebook, xornais, revistas, cómics...)
AUDIOVISUAL (teatro, películas, documentais, series...)
MÚSICA E PODCAST (festivais, concertos...)
MUSEOS
EXERCICIO FÍSICO
COCIÑA
XOGOS
PARA CRIANZAS

jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES E ENLACES PARA CRIANZAS DIVERSAS

Deixo aqui un enlace coa páxina de PLENA INCLUSIÓN MADRID, con unha compilación de actividades e recursos para todo tipo de nenos e nenas, de diversas idades, algúns deles específicos para alumnado con TEA, discapacidade, etc.

Liberade a WIFI

Dende os centros educativos poñemos a disposición do alumnado e as familias un montón de recursos e actividades para tentar continuar o proceso educativo a través da teleformación.
Sen embargo, moitas familias non teñen os recursos tecnolóxicos necesarios para seguir esta aprendizaxe a distancia. Coa idea de axudar a aquelas crianzas que non dipoñen de conexión a internet surxe esta iniciativa que invita a todas e todos a, de forma altruista, compartir a nosa rede wifi coa veciñanza.


EXPLICAR O SÍNDROME DE ASPERGER ÁS CRIANZAS

Polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, deixo o enlace a un libriño de María Merino Martínez e Laura Esteban Ferreiro, editado pola FEDERACIÓN AUTISMO CASTILLA Y LEÓN.
Trátase da historia dun neno con Síndrome de Asperger, as súas dificultades para integrarse nos xogos de recreo e como, coa axuda de compañeiros e compañeiras, logra participar e integrarse no patio.

Ademais da historia inclúe algunhas preguntas e actividades para reflexionar sobre o tema.



Actividades de Reforzo

Na páxina de THATQUIZ poderedes practicar e repasar ciencia, xeografía, vocabulario e matemáticas (números enteiros, fraccións, conceptos, xeometría, potencias, medidas, gráficas, reloxos, moedas, conxuntos... e moito máis. Tamén permite elixir diferentes niveis para cada contido.

REFORZO DE CONTIDOS

Hoxe deixo un enlaces para aquelas e aqueles que queirades reforzar contidos escolares.
Na páxina de EDUCALIM tedes actividades de reforzo de todas as áreas, catalogadas por cursos e contidos. Podedes, ademáis elixir o idioma. Tamén ten algunhas actividades máis lúdicas coma contos, xogos e recursos multimedia.


miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA DO AUTISMO: ILUMINA O TEU BALCÓN

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Dende os CEIPs Santa María do Castro e Escarabote sumámonos nos últimos cursos a esta iniciativa de sensibilización a través de diferentes actividades. Este ano, adaptándonos á situación de alarma, queremos unirnos á CONFEDERACIÓN AUTISMO ESPAÑA:



  • Súmate ao reto LIUB 2020 e ilumina  a túa terraza, balcón ou ventá ás 21 horas
  • Comparte a túa acción en redes sociais xunto ao hashtag #DiaMundialAutismo

APRENDE CIENCIA NA CASA CO CSIC

Na páxina do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas del Ministerio de Ciencia e Innovación) podedes atopar moitos e moi variados e interesantes materiais e enlaces con xogos, experimentos, materiais didácticos, audiovisuais, conferencias, concursos, blogs, programas de radio, revistas, libros, exposicións, museos...

GUÍA DE ACTIVIDADES EN FAMILIA

Outra guía con orientacións e recursos para as familias, desta vez de mans de "Cruz Roja España". Consta de tres apartados:

  • Información adaptada a nenos e nenas sobre o coronavirus.
  • Manexo parental da situación do estado de alarma.
  • Actividades e recursos lúdicos e educativos, clasificados por idades.

PROPOSTA DE OCIO EN CUARENTENA

Unha proposta do Servizo de Lecer e Deporte de Saúde Mental FEAFES Galicia para manternos activos e activas nestes días. Inclúe actividades culturais, físicas, de axilidade mental, creativas, xogos, receitas de cociña... e todo en galego!



Xogando a Sumar e Restar

Neste enlace atoparedes un exemplo moi visual e práctico de como explicar as unidades, decenas, centenas, sumas e restas. Baseándose na Pedagoxía Waldorf, os pequenos e pequenas interiorizan estes conceptos a través dun conto e un xogo con bolas e bolsiñas.

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO: IES ESPIÑEIRA

No IES Espiñeira, tanto os profesores e profesoras coma o alumnado queren que vos sintades coma na casa. Coma sabedes están dispoñibles para...