Nestes días de incertidumbre, medo, aburrimento e tanta convivencia familiar, no que tanto crianzas coma maiores temos unha carga importante de ansiedade e estrés, poden surxir conflitos, berrinches, enfados... Por se o precisades, comparto este Manual Sobre Disciplina Positiva, que pode axudar a enfocar este tipo de situacións dende a calma e o cariño.
Este Manual es una traducción y adaptación del “Positive Discipline: What it is and
how to do it” de la autora Joan E. Durrant de Save the Children, elaborado dentro del
Proyecto: Campaña por una Crianza Sin Violencia de la Asociación Chilena Pro
Naciones Unidas, ACHNU.
Adaptación y Traducción:
Demian Larenas
Liz Fuentes
Margareta Selander
Edición: María Eugenia de la Jara
▼
martes, 31 de marzo de 2020
MANUAL DE ESTIMULACIÓN MONTESSORI
Se vos apetece realizar cos vosos pequenos e pequenas outro tipo de actividades educativas diferentes ás fichas, neste libro descargable en formato PDF, podedes atopar un acercamento ao método Montessori e un montón de exemplos de actividades, para tódalas áreas do desenvolvemento na etapa de Educación Infantil.
Elaborado no Programa de Recreación y Colonias Urbanas pola Área de Animación Solidaria Vicarías de Pastoral Social y de los Trabajadores Vicarías Zonales Arzobispado de Santiago, en Chile.
Elaborado no Programa de Recreación y Colonias Urbanas pola Área de Animación Solidaria Vicarías de Pastoral Social y de los Trabajadores Vicarías Zonales Arzobispado de Santiago, en Chile.
Peticións das AMPAS á Consellería
A Confederacións de AMPAS Galegas redactou un escrito con peticións á Consellería de Educación en relación á situación educativa durante estes días e no futuro. Nela expresan as súas dúbidas acerca do traballo en liña, pola situación de desigualdade que poden xerar, aludindo especialmente ao alumnado con necesidades específicas e á función do persoal do Departamento de Orientación. Tamén valoran o enfoque que se lle está dando á avaliación, e expresan peticións acerca do final de curso e o inicio do vindeiro. Interesante lectura para as familias e o persoal docente.
XOGAR A PENSAR A TRAVÉS DA ARTE
Un pouco de "Ximnasia Mental" para estes días de Confinamento.
Seguindo na liña da Filosofía para Nenas e Nenos, deixo un enlace con algunhas actividades para Xogar a Pensar, esta vez a través da observación de obras de arte, elaboradas por Javier F. Rouco Ferreiro, Mar Santiago Arca, Cristina Signes e Sacramento López.
De novo grazas á miña compañeira e amiga Xoana Maneiro.
DIARIO DE UNA CUARENTENA
Chegoume este material para que os pequenos e pequenas expresen as súas percepcións e sentimentos acerca da situación destes días. Sinto non ter referencia da súa autoría.
lunes, 30 de marzo de 2020
PAUTAS PARA OS DÍAS DE CONFINAMENTO
Dende o Departamento de Orientación elaboramos un documento con algúns consellos para levar estes días de confinamento cos pequenos e pequenas, organizar os horarios, tarefas escolares e, sobre todo, manter a saúde física e psicolóxica.
Grazas á mestra Belén Fernández polas súas aportacións!
Grazas á mestra Belén Fernández polas súas aportacións!
Filosofía para crianzas: "¿Pueden Volar los Peces?"
Dentro da Filosofía para Nenos do Proxecto Noria Infantil, atopamos este libro en pdf de Angélica Sátiro con ilustracións de Edgar Domínguez (Ed. Octaedro).
A partir dun conto os pequenos e pequenas desenvolven a capacidade de pensamento, reflexión, capacidade crítica e actitudes de convivencia e respecto. Tamén recolle algunhas ideas para que o profesorado ou as familias axuden neste proceso.
Grazas á miña compañeira Xoana Maneiro por amosarme este mundo da Filosofía para Nenos e Nenas!
A partir dun conto os pequenos e pequenas desenvolven a capacidade de pensamento, reflexión, capacidade crítica e actitudes de convivencia e respecto. Tamén recolle algunhas ideas para que o profesorado ou as familias axuden neste proceso.
Grazas á miña compañeira Xoana Maneiro por amosarme este mundo da Filosofía para Nenos e Nenas!
Diviértete en Casa
Outro material interesante, elaborado por Enea Psicoloxía Infantil y Adolescente que ofrece ideas e actividades creativas, de inxenio, movemento, lectura...
"Tempo na Casa". Ideas e recursos para persoas con TEA
Autismo Galicia comparte un material específico para axudar ás persoas con TEA a comprender e xestionar este tempo na casa. Neste enlace atoparedes o documento, que ofrece recomendacións, recursos, materiais e ferramentas adaptados ás necesidades destas persoas.
Estimulación da linguaxe dende a casa
Na páxina de Educapeques compártennos unha serie de ideas interesantes para traballar a linguaxe oral na casa.
Saídas terapéuticas para persoas con alteracións conductuais ou TEA
Aquelas persoas con discapacidade que teñan alteracións conductuais, como por exemplo TEA, poderán facer saídas terapéuticas durante o estado de alarma cando sexa absolutamente imprescindible. É necesario ter un informe facultativo que así o recomende.
domingo, 29 de marzo de 2020
PARA TRABALLAR EMOCIÓNS
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou un excelente material para traballar coas crianzas os sentimentos e emocións relacionados coa situación de alarma.
CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA
Para pasar un ratiño divertido e non perder o habito lector, Eloy Moreno comparte estes "Cuentos para quedarse en casa".
https://drive.google.com/file/d/19ct9AzQ05HTA_nL51DfloVX1UrrGY_9n/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/19ct9AzQ05HTA_nL51DfloVX1UrrGY_9n/view?usp=sharing
sábado, 28 de marzo de 2020
Bibliotecas na Casa
Agora que temos tempo para ler, a Rede de Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia pon en marcha a Plataforma GaliciaLe, un servizo de préstamo de libros, audiolibros e películas en formato electrónico para que poidamos desfrutar da lectura dende as nosa casas.
www.galiciale.gal
viernes, 27 de marzo de 2020
RECOMENDACIÓNS DO COLEGIO OFICIAL DE PSICÓLOGOS DE MADRID
Dende o Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid, compartiron algunhas pautas e recomendacións para familias con nenos e nenas durante esta etapa de confinamento. Deixamos aquí o enlace.
https://www.copmadrid.org/web/comunicacion/noticias/1457/comunicado-recomendaciones-psicologicas-explicar-ninos-ninas-brote-coronaviruscovid-19
https://www.copmadrid.org/web/comunicacion/noticias/1457/comunicado-recomendaciones-psicologicas-explicar-ninos-ninas-brote-coronaviruscovid-19